• Campaña de Sensibilización pola Igualdade de Xénero
    • A Escola Basket Xiria (EBX) quere achegar o seu gran de area en materia de Igualdade de Xénero, incorporando nas camisetas das xogadoras do recén creado equipo senior feminino unha imaxe símbolo da necesidade de concienciar neste aspecto a toda a sociedade, empezando polos que temos ó noso redor. De gran relevancia é a sensibilización e educación dos nosos rapaces e rapazas desde tódolos eidos (familia, escola, entidades coma a nosa, etc) sobre a importancia da igualdade nas relacións de convivencia e afectividade tanto no eido persoal como social. Deste xeito, contribuiremos a evitar condutas de violencia ou desigualdade no presente e no futuro.
    • A EBX conta co apoio do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Carballo nesta campaña de sensibilización para a Igualdade de Xénero, entidade representada por Dona María Carmen Ures, concelleira de Igualdade e Benestar e a traballadora social responsable do CIM, Dna. Nieves Castañón. Nun futuro tense previsto realizar actividades conxuntas e de apoio mutuo na divulgación e difusión desta mensaxe de concienciación.

 

  • PROXECTO ASPABER – BASKET