Xornada pola igualdade de xénero

O Sábado 28 de Xaneiro, viviuse unha fantástica xornada en prol da igualdade de xénero no pavillón Vila de Noia de Carballo.

Ás 18:00 horas, o Calvo Basket Xiria caía derrotado fronte a Basquet Coruña.

Ás 20:00 horas, o Vazquez y Reino Basket Xiria, vencía fronte a Basquet Coruña.

Entre partido e partido, realizábase fotografía cos 4 equipos, dada a boa relación existente co club herculino, club co cal temos vinculación deportiva.

Igualdade máxima, tanto na pista de xogo, como fóra.

Sen dúbida este tipo de eventos, son os que deben primar para demostrar a igualdade existente entre homes e mulleres, así como para loitar coa gran lacra da violencia entre xéneros.

No acto estiveron presentes directivos de ambos clubes e o Concelleiro de Deportes Marcos Trigo

xornada-igualdade-xenero

contra-violencia-ebx

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*