VIVE O DEPORTE, DESFRUTA DO BALONCESTO NA TÚA PARROQUIA

Iniciamos a pretempada dos nosos equipos da Escola Basket Xiria de Carballo e A Laracha preto de ti!

Con esta actividade a EBX pretende achegar o deporte do baloncesto ós veciños e veciñas de diferentes parroquias empregando pistas deportivas ó aire libre ubicadas na súa contorna , cun evento de carácter lúdico, deportivo e social, onde participarán os nosos equipos desde categoría benxamín a xuvenil, tanto femininos como masculinos, que están a iniciar a súa pretempada neste mes de setembro. Todas as persoas asistentes maiores e máis novos poderán desfrutar e participar de xeito activo neste evento, no que tamén haberá concursos e sorteos

Por outra banda a EBX pretende fomentar e difundir a práctica deportiva e os hábitos de vida saudable entre os veciños e veciñas residentes en diferentes lugares de Carballo

Ademais con este evento poñemos en valor os recursos existentes no noso municipio, que se atopan fora do núcleo urbano.

O xovés 7 de Setembro ás 12 horas terá lugar no concello de Carballo a presentación desta nova actividade social promovida pola Escola Basket Xiria. Ó acto de presentación acudirán membros da directiva da Escola Basket Xiria, autoridades do concello e tamén representantes das distintas agrupacións parroquiais participantes.

Datas:

SABADO, 9 SETEMBRO ás 11 h – VERDILLO (pistas deportivas Local Social)

EQUIPOS EBX INFANTIL FEMININO E MASCULINO

Verdillo

 

 

SABADO, 16 SETEMBRO ás 11 h – SISAMO (pistas deportivas Lugar Ramil)

EQUIPOS EBX CADETE FEMININO E MASCULINO E JUNIOR FEMININO

sisamo3

 

 

SABADO, 23 SETEMBRO ás 11 h – A BREA (pistas deportivas preto do Cemiterio Municipal)

EQUIPOS EBX ALEVIN E BENXAMIN MIXTOS

A Brea

 

 

-COLABORA:

-CONCELLO DE CARBALLO

-CONSELLOS PARROQUIAIS E REPRESENTANTES VECIÑAIS DE VERDILLO, SISAMO E A BREA

-DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*