VIVE A EXPERIENCIA DUN ENCONTRO DA LIGA ACB

Enlace para reservar praza http://bit.ly/reservaOBRA

O próximo Sábado 11 de Novembro de 2017 , a Escola Basket Xiria organiza unha viaxe ó partido de ACB entre o Obradoiro CAB e o Herbalife Gran Canaria, que se disputa ás 19:00 horas no pavillón do Sar en Santiago de Compostela. Será unha experiencia inolvidable para os rapaces e rapazas da Escola Basket Xiria e asociados. Ademáis, dous equipos poderán xogar no descanso do partido, ante máis de 5.000 siaeiros.

FOTO OBRA

Para esta viaxe, contaremos con AUTOBUSES que sairán da Praza do Concello de Carballo onde nos faremos unha fotografía da saída ás 16:45 horas no campo de Basket da praza do Concello. Logo sairemos ás 17:00 horas para estar no Pavillón a iso das 18:15 horas e poder ver quentar ó equipo. As entradas repartiranse neste momento para poder entrar ó pavillón.

Unha vez finalizado o encontro, o autobús retornará de novo á praza do Concello, aproximadamente ás 21:00 horas. Non se permite entrar no pavillón con bebida ou comida. Dentro hai lugares para poder mercar auga, refrescos e comida.

O PREZO DO AUTOBÚS MÁIS A ENTRADA Ó PARTIDO, É DE 10 EUROS PARA ABONADOS DA ESCOLA BASKET XIRIA E ASOCIADOS A ENTIDADES SOCIAIS. PARA O RESTO, O PREZO É DE 20 EUROS.

PODE ASISTIR CALQUER AFICIONADO Ó BASKET

Se asisten varias persoas, deben cubrir varias veces o formulario. Confirmaremos a reserva de entrada por Email

As prazas do autobús serán asignadas por orde de inscrición

Enlace para reservar praza:

http://bit.ly/reservaOBRA

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*