SENTIDO RECORDO NO II MEMORIAL A LOLI VARELA

Sentida homenaxe a que se viviou hoxe no pavillón Vila de Noia para honrar a dedicación de Loli a promoción do deporte en Carballo. Dende a EBX queremos felicitar o C.B. Artai. Durante a tarde disputáronse dous encontros de baloncesto amigables. No parón entre os dous encontros viviuse o acto central da homenaxe. O concelleiro de Xuventude Dani Pérez acudiu en representación do Concello de Carballo. A Asociación Un Paso Máis, Club Baloncesto Artai e Escola Basket Xiria fixeron entrega de agasallos commemorativos á filla e ó marido da homenaxeada.

O primeiro encontro de categoría junior feminino enfrontou o Carnicería Daniel Artai co Calasancias da Coruña. As xogadoras de Joaquín Moreira competiron moi ben ante o equipo coruñés que disputa liga galega autonómica. Os afecioados aplaudiron con moita deportividade as boas acción das xogadoras dos dous equipos.

No segundo encontro enfrontáronse os dous equipos de baloncesto senior de Carballo, o Calvo Basket Xiria e o Calvo Artai. O encontro deixou moi boas accións e vironse moitas mostras da amistade entre xogadores.

II Mem Loli Varela (1)

II Mem Loli Varela (2)

II Mem Loli Varela (4)

II Mem Loli Varela (5)

 

 

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*