RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O NADAL

Este próximo luns 11 de xaneiro ás 12 da mañá no Local de Cruz Vermella, a Escola Basket Xiria presentará a súa campaña de colaboración coa campaña lanzada por Cruz Vermella de Carballo “Os seus dereitos en xogo” para recoller xoguetes novos para que este Nadal ningún neno, nin nena se queden sen xoguetes. Por parte da EBX acudirá o seu Presidente Marcos Díaz Molk, por parte de Cruz Vermella estará a súa Directora Ana Veira e por parte do Concello de Carballo -quen tamén está a colaborar nesta campaña recollendo xoguetes na Biblioteca Municipal Rego da Balsa-, fará acto de presenza a Concelleira de Igualdade e  Benestar, Maica Ures.

Información sobre a  Campaña da Escola Basket Xiria:

OS SEUS DEREITOS EN XOGO – ESTE NADAL NINGUN NENO, NIN NENA, SEN XOGUETES

Campaña de Colaboración da Escola Basket Xiria de recollida de Xoguetes novos para Cruz Vermella de Carballo.

Para a entrega dos xoguetes, podes contactar por tlf ou whatsapp no tlf 607847925 (Arturo Ferraces – Director Deportivo EBX). Tamén se recollerán por parte dos adestradores nos partidos ou adestramentos da Escola Basket Xiria. Consultar lugares e horarios de adestramentos e partidos en http://www.carballobasket.es/

Cartel_EBX_Xoguetes

A campaña de recollida de xoguetes rematará o 17 de decembro.

(Tamén se recollerá papel de regalo para envolver os xoguetes)

Agradecemos de antemán a vosa colaboración nestas datas tan sinaladas!

E os máis pequenos e pequenas tamén volo agradecerán!

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*