A ESCOLA BASKET XIRIA COLABORA NO II MEMORIAL LOLI VARELA

A Escola Basket Xiria colabora no II Memorial de Loli Varela organizado por Carballo Deporte, Concello de Carballo, Centro Artai e Club Baloncesto Artai.

A mellor forma de rendir homenaxe a unha das figuras máis destacadas do mundo asociativo e deportivo do concello e celebrando encontros amigables dos equipos os que apoiou de forma incondicional o longo de tantos anos.

O acto principal do memorial terá lugar no pavillón da Zona Escolar na tarde do mércores 6 de Decembro. A axenda para ese día comeza as 16.00 horas cun partido de baloncesto junior feminino entre o Carnicería Daniel Artai e o Maristas da Coruña. A continuación está programada a entrega de trofeos e agasallos. As 18.00 horas comezará o encontro senior masculino entre o Calvo Artai e o Calvo Xiria. Dous encontros que serven para mostrar o bó estado do baloncesto en categoría masculina e feminina dos clubes do noso concello.

O presentación do memorial está prevista para o luns 4 de decembro as 12:00 horas no Concello de Carballo. Na presentación estarán presentes Fidel Nión (viúvo de Loli Varela) , o alcalde do Concello de Carballo Evencio Ferrero, a directora do Centro Artai Chelo García, Chano Calvo de Conservas Calvo, César García de Seárez representante de Gadis, Joaquín Moreira do CB Artai, Manolo Cantelar presidente de Un Paso Máis e Marcos Díaz Molk presidente da Escola Basket Xiria.

Agardámosvos ó mércores no pavillón.

Gracias Loli por contribuír a grandeza do deporte en Carballo!

2memoriallolivarelacorreo

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*