A EBX APOIA O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres  (25 de novembro), desde a Escola Basket Xiria manifestamos o noso rexeitamento a calquera forma de violencia  contra a muller, así como calquera outra forma de violencia, e desexamos que esta lacra social se erradique dunha vez por todas. Do mesmo xeito, sumámonos a campaña Concellos en Negro, impulsada desde a Concellería de Igualdade e Benestar  do Concello de Carballo, e que tamén se está a desenvolver simultaneamente noutras vilas  e cidades de Galicia.

O día 25 de novembro,  a Escola Basket Xiria fará un breve acto para lembrar esta data como mostra de sensibilización e repulsa contra este tipo de violencia, ó inicio do partido senior masculino no Pavillón Vila de Noia ás 18 h, no que contaremos coa presenza de Dna. Maica Ures, Concelleira de Igualdade e Benestar e participación Veciñal do Concello de Carballo.

De igual maneira as integrantes do equipo senior feminino e os seus adestradores, levarán camisetas conmemorativas no seu partido na cidade da Coruña.

3

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*