A BREA RECIBE A TERCEIRA XORNADA “DESFRUTA DO BALONCESTO NA TÚA PARROQUIA

Este sábado 23 de setembro  as 11:00 horas celebraremos na pista da Brea a 3ª xornada da iniciativa “Desfruta do baloncesto na túa parroquia”. Os equipos alevíns da EBX de Carballo e Laracha realizará exercicios de adestramento e partidos de exhibición na pista da Brea. Todos aqueles rapaces que o desexen poderán sumarse e disfrutar do deporte participando nesta actividade.

 Nas xornadas xa celebradas os veciños mostráronse encantados e déronnos o seu apoio para repetir en futuras edicións. A parroquia de Sísamo deixou o listón moi alto tanto pola concurrida asistencia como polo alto grao de participación de país e veciños nos xogos. Esta terceira xornada porá o cerre a primeira edición da campaña. Dende o clube queremos agredecer a colaboración da asociación de veciños da Brea e das Panaderías Lita, Elida Mesejo e Nuria.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*