MATEO E JACOBO NO TORNEO DE SELECCIONS AUTONÓMICAS DE MARÍN

Mateo Cambón e Jacobo Rey participaron nos encontros amigables que disputou a Selección Galega de Minibasket masculino en Marín.

A Selección Galega debutou o sábado pola mañá cunha derrota ante a Selección de Castilla y León. Tratábase do primeiro encontro que disputaba o conxunto e o principio notouse certa precipitación froito da enorme ilusión e gañas de facelo ben. O resultado final foi Galicia: 70-Castilla y León:74

O sábado pola tarde a Selección Galega disputou o segundo encontro fronte o País Vasco. A selección galega moito mellor asentada venceu por 79 a 69.

O domingo pola mañá medíronse as selección de Galicia e Asturias. Tratouse dun encontro moi igualado que rematou cunha victoria de Galica por só dous puntos de diferencia, Galicia 70 -Asturias 68.

O torneo amistoso de Marín xuntou a catro selección autómicas tanto de baloncesto minibasket feminino como masculino. torneo serve de preparación para o  Campeonato de España de Seleccións de Minibasket que se vai celebrar do 24 o 28 de marzo en San Fernando (Cádiz).

Noraboa Mateo e Jacobo polo voso traballo e ilusión polo baloncesto!

Torneo Seleccions Minibasket (1) Torneo Seleccions Minibasket (2) Torneo Seleccions Minibasket (3) Torneo Seleccions Minibasket (4) Torneo Seleccions Minibasket (5) Torneo Seleccions Minibasket (6) Torneo Seleccions Minibasket (7)

 

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*