A PRESELECCIÓN CORUÑESA DE XOGADORES DO ANO 2005 CONTA CON REPRESENTACIÓN LOCAL

A área deportiva da FGB ven de comunicar a convocatoria dun Programa de Detección e Control para xogadores e xogadoras nados no 2005 correspondentes coa categoría de infantil de 1º ano. O obxetivo destas concentracións e seguir a evolución de xogadores destacados de cara a confeccionar a selección coruñesa.

A actividade desenvolverase o domingo 19 de novembro no Polideportivo do Colexio Compañía de María (Valle Inclán s/n). Para o equipo feminino o horario será de 16:30 a 18:00 e para o masculino será de 18:15 a 19:45.

No equipo feminino está citada a xogadora Elena Couto Fraga do C. B. Artai.

No equipo masculino están citados Xián Suárez García da E.B.Xiria e Mario Penedo Varela do C.B. Artai.

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noraboa a todos. Desexámosvos que aproveitedes e disfrutedes das concentracións.

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*