Anxo Estany non continúa na Escola Basket Xiria

Anxo Estany, o xogador coruñés nado no ano 2000 e que na pasada tempada acadou ser o xogador máis novo en debutar co primeiro equipo nunha fase de ascenso con tan só 16 anos, deixa o clube carballés.

anxo-ortodix

Despois de catro anos enrolado no Xiria, Anxo recalará esta tempada no clube da súa cidade, Basquet Coruña, donde vai simultanear co equipo junior e o equipo de liga EBA. O non perder tempo en desplazamentos semanais e gañalo para os estudios de 2ª de Bacharelato, así como as opcións de xogar en liga EBA e na súa cidade despois de 7 anos fora, son os motivos que influiron na toma desta difícil decisión.

Anxo foi un xogador fundamental nos logros acadados pola mellor xeración do baloncesto de Carballo, colaborando na consecución dos campionatos galegos infantil e cadete, que conlevaron cadansúa participación nos Campionatos de España. Durante estas catro tempadas, foi merecedor de ser convocado todos os anos coa selección galega da súa categoría, disputando catro campionatos de España por autonomías. Na temporada 2016-2017 converteuse por méritos propios en xogador do primeiro equipo de Xiria, realizando unha excelente temporada tanto a nivel individual como a nivel de conxunto.

Xogador de gran talento e cun espíritu competitivo que lle permiten superar as expectativas xeneradas, Anxo deixa un recordó inmellorable no clube, na afección e en todos os compañeiros cos que compartiu esta etapa de formación de catro anos.

Desde o clube queremos desexarlle o mellor, agradecerlle os esforzos e o compromiso mostrado con todos nós, xa que foi un xogador que representou a Xiria e a Carballo con gran entusiasmo.

Desexámoslle sorte e nada nos faría máis ilusión que velo triunfar nos vindeiros anos. Asimesmo queremos facerlle chegar a Anxo, como ós seus país Elisa e Ramón, que teñen no Clube e nos seus integrantes uns amigos para toda a vida e sempre serán para nós componentes da familia do Xiria.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*