JONATHAN BARREIRO, ANXO ESTANY E ROI VEGA MOTIVOS DE ORGULLO PARA A EBX

Neste fin de semana sin partidos oficiais para os nosos equipos queremos destacar o bo momento que están atravesando dous xogadores que pasaron polos equipos de base das Escolas Basket Xiria e o bó resultado de Roi como integrante do corpo técnico da selección galega.

Jonathan Barreiro estase consolidando como un xogador fundamental nas filas do equipo ACB Tecnyconta Zaragoza. De feito a boa temporada que está realizando fixo que fora convocado coa selección absoluta de Sergio Escariolo para os partidos clasificatorios para a copa mundial FIBA do 2019.  A semana pasada o xogador de Cerceda realizou unha acción espectacular que se colou entres as mellores da xornada https://www.facebook.com/ACBCOM/videos/10155803016175499/. Nesta xornada Jonathan realizou un dos seus mellores partidos na liga ACB que o fixo merecedor dos eloxios en rolda de prensa do seu adestrador Jota Cuspinera. http://www.gigantes.com/liga-endesa/cuspinera-alaba-barreiro-tras-triunfo-ante-estu-fundamental/

jonathan zaragoza

Pola súa parte Anxo Estany foi convocado por primeira vez este domingo polo equipo de LEB Ouro del Leyma Coruña. O equipo coruñés vencecu por 80 a 66 o C.B. Clavijo. Anxo non puido dispoñer de minutos pero estamos seguros que coa súa calidade e boa actitude para o traballo non vai tardar en debutar.

anxo

A última boa nova  do clube ten como protagonista o xogador do primeiro equipo e adestrador Roi Vega Torreira. Roi participou durante os días 3 a 7 de Xaneiro no campeonato de España de seleccións autonómicas celebrado en Valladolid. Roi formou parte do cadro técnico da Selección Galega Cadete Masculina xunto o adestrador Tito Díaz e Héctor Méndez . A selección galega realizou un gran campeonato vencendo en todos os encontros disputados e acadando o ascenso da selección para a categoría especial.

26219503_2070897192927941_845192099444244949_n

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*