DENTAL NOA GARCÍA B.X. 39 – PONTUMIO OPTICA TABORA 56

O equipo cadete femenino Dental Noa García B.X. disputou este domingo 25 de marzo a 5ª xornada da 2ª fase Coruña-Ferrol dos grupos A-A. O equipo carballés recibiu a visita do Puntumio Óptica Tabora que marcha como líder invicto da competición. O equipo de Pontedeume marcou o ritmo do encontro e dou mostras de ser un equipo moi ben conxuntado. As xogadoras carballesas fixeron un bo encontro e chegaron o último cuarto con lixeira desventaxe no marcador. No último cuarto as locais asumiron moitos riscos con defensa presionante e ataques rápidos. A presa por recortar a distancia dou lugar a ataques precipitados que acabaron en pérdidas que as visitantes aproveitaron para anotar canastas fáciles que puxeron máis distancia de por medio no marcador. A actitude e entrega das xogadoras na pista foi moi boa e sempre resulta moi positivo competir cos bos equipos para mellorar aínda que non se gane.

Vídeos destacados:

 

Galería de fotos:

Cad Fem Xiria Pontumio Mar 18 (1) Cad Fem Xiria Pontumio Mar 18 (2) Cad Fem Xiria Pontumio Mar 18 (3) Cad Fem Xiria Pontumio Mar 18 (4) Cad Fem Xiria Pontumio Mar 18 (5) Cad Fem Xiria Pontumio Mar 18 (6) Cad Fem Xiria Pontumio Mar 18 (7)

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*