ACTO DE “GRADUACIÓN” PARA OS JUNIOR DA ESCOLA BASKET XIRIA

A Escola Basket Xiria quixo render unha pequena homenaxe a todos aqueles xogadores que finalizan a etapa junior. Por motivos de estudios universitarios moitos deles trasladaranse a cidades univertarias e non poderán continuar como xogadores federados. A EBX quixo agradecer o esforzo de estar comprometidos co clube durante as categorías de base e quere desexarlles moita sorte na nova etapa que se lles abrirá nas súas vidas. O clube sempre terá as portas abertas para eles e sempre terán un punto de encontro no pavillón para reecontrarse cos amigos e amigas que se fan cando se comparte vestiario e se viven as emocións de loitar xuntos por acadar logros deportivos.

A xeración que remata a etapa junior neste ano tanto en categoría feminina como masculina ocupa un lugar destacado na historia do noso clube. A xeración masculina do 2000 acadou os maiores éxitos deportivos o proclamarse campión galego en categoría infantil (2013-2014) e en categoría cadete (2015-2016) logrando o pase para a disputa do campeonato nacional de clubes. Pola súa banda a xeración feminina do ano 2000 representa a primeira xeración que completou a formación na nosa escola desde categoría alevín e coa súa ilusión e esforzo teñen unha gran influencia no bó momento do baloncesto feminino na localidade. 

SAMSUNG CAMERA PICTURES

FullSizeRender (1)

Os diplomas foron entregados polo presidente da EBX Marcos Díaz Molk, o directivo Carlos Taibo Rey o director deportivo Arturo Ferraces e o empresario Luciano Calvo durante o descanso do partido que disputou o Calvo Basket Xiria fronte o Intremar de Vigo.

Recibiron o diploma ó merito deportiva da EBX os seguintes xogadores e xogadoras nados no ano 2000:

Por parte do junior masculino Ortodix Basket Xiria:

Javier López Pardo

Luciano Calvo Eirís

Javier Souto Pallas

Juan López Tuset

Jorge Mato Andrés

 

Por parte do junior feminino Dimolk Basket Xiria:

Carmen Castro Vázquez,

Lucía Viaño Silveira

Dolores Alonso Varela

Irene Velo García

Itziar Naveira Rodríguez

 

Galería de imaxes: Agradecementos a Juan Carlos Castro Pombo

Homenaje Juniors 2000 (1) Homenaje Juniors 2000 (2) Homenaje Juniors 2000 (3) Homenaje Juniors 2000 (4) Homenaje Juniors 2000 (5) Homenaje Juniors 2000 (6) Homenaje Juniors 2000 (7) Homenaje Juniors 2000 (8) Homenaje Juniors 2000 (9) Homenaje Juniors 2000 (10) Homenaje Juniors 2000 (11) Homenaje Juniors 2000 (12) Homenaje Juniors 2000 (13) Homenaje Juniors 2000 (14) Homenaje Juniors 2000 (15) Homenaje Juniors 2000 (16) Homenaje Juniors 2000 (17) Homenaje Juniors 2000 (18) Homenaje Juniors 2000 (19) Homenaje Juniors 2000 (20) Homenaje Juniors 2000 (21) Homenaje Juniors 2000 (22) Homenaje Juniors 2000 (23) Homenaje Juniors 2000 (24) Homenaje Juniors 2000 (25) Homenaje Juniors 2000 (26) Homenaje Juniors 2000 (27) Homenaje Juniors 2000 (28) Homenaje Juniors 2000 (29) Homenaje Juniors 2000 (30) Homenaje Juniors 2000 (31) Homenaje Juniors 2000 (32) Homenaje Juniors 2000 (33) Homenaje Juniors 2000 (34) Homenaje Juniors 2000 (35) Homenaje Juniors 2000 (36) Homenaje Juniors 2000 (37) Homenaje Juniors 2000 (38)

 

Acto Graduacion Abril 2018 (2) Acto Graduacion Abril 2018 (5) Acto Graduacion Abril 2018 (11) Acto Graduacion Abril 2018 (12) Acto Graduacion Abril 2018 (13) Acto Graduacion Abril 2018 (14) Acto Graduacion Abril 2018 (16) Acto Graduacion Abril 2018 (18) Acto Graduacion Abril 2018 (20) Acto Graduacion Abril 2018 (21) Acto Graduacion Abril 2018 (24) Acto Graduacion Abril 2018 (31) Acto Graduacion Abril 2018 (32) Acto Graduacion Abril 2018 (34) Acto Graduacion Abril 2018 (36) Acto Graduacion Abril 2018 (37) Acto Graduacion Abril 2018 (39) Acto Graduacion Abril 2018 (48)

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*