XORNADA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS DA EBX NA RÚA CORUÑA

O domingo 8 de outubro o longo de toda a mañá faremos unha xornada de captación de socios na Rúa Coruña. Instalaremos unha carpa e informaremos de todas as actividades que facemos nas Escolas Basket Xiria para promocionar o baloncesto. A cita acudirán xogadores, adestradores e membros da xunta directiva para explicar o noso proxecto deportivo e recabar apoios en forma de socios para a campaña 2017-2018. O carnet de socio leva asociado ventaxas en moitos comercios colaboradores pero sobre todo axuda a que moitos rapaces da comarca poidan seguir practicando nas mellores condicións posibles o deporte da canasta. Os interesados en facerse socios poderán fotografiarse con xogadores e xogadores das escolas cun cartel de fondo co motivo da campaña 2017-2018 que leva por lema “Eu formo parte da Lenda 300 EBX”

 2

Como acto de finalización da xornada as 13:00 horas nas pistas do concello realizaranse partidos de exhibición o que están invitados a participar os nenos e nenas que se atopen no parque do concello.

1

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*