A Escola Basket Xiria duplica o número de xogadores nos últimos 5 anos

A Escola Basket Xiria de Carballo asistiu onte 20 de Marzo á reunión de Clubs que se celebrou na sala do Complexo Deportivo Elviña, sito na Praza Agustín Díaz Sánchez, 5 na Coruña, coa presenza do Presidente da Federación Galega de Baloncesto D. Francisco Martín Micó, do Director Deportivo D. Carlos Colinas Morán, do Director Arbitral D. Miguel A. Pérez Pérez do RRC D. José Villamarín Couto e da Secretaria Xeral.

Nesta reunión salientouse o bo momento do Baloncesto en Galicia, que ano tras ano millora en número de deportistas, e con novos eventos deportivos que fan máis atractivo este deporte na comunidade.

Unha actividade que tuvo unha gran acollida este ano, foi a liga BabyBasket, que se creou a partires da boa idea do noso clube de crear o evento “Día do Pequebasket” que se celebra o día das letras Galegas, 17 de Maio, en Carballo.

A liga pretende dar acollida durante todo o ano a rapaces e rapazas de 5 a 8 anos, en formato Concentración, en diversas poboacións de Galicia, para ter unha clausura de actividade en Carballo o 17 de Maio.

Salientar que a Escola Basket Xiria de Carballo, ten nesta tempada 2016-2017 un total de 191 deportistas federados en 16 equipos, dos cales 98 son homes e 93 mulleres, o cal demostra o compromiso de igualdade da Escola Basket Xiria.

federados-2017-basket-xiria

O crecemento nos últimos 5 anos foi exponencial, xa que pasamos de ter a 82 deportistas na tempada 2012-2013, a ter 191 na tempada en curso

numero-jugadores-escola-basket-xiria

Este bo traballo, vese recompensado pola gran familia que na Escola Basket Xiria se está formando día tras día, e con recoñecementos como o de ser nominado a “Carballés do Ano” en 4 das últimas 6 edicións do Padroado Fogar de Bergantiños.

A Escola Basket Xiria, nominada por cuarta vez a Carballés do ano 2016

 

MOITAS GRACIAS, E A SEGUIR MEDRANDO! SOBRE TODO EN VALORES DEPORTIVOS E DE IGUALDADE!

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*