O CALVO BASKET XIRIA PECHA DÚAS NOVAS RENOVACIÓNS

O Calvo Basket Xiria ven de concretar as renovacións de Luis Gómez e Pablo Moreira.

Luis Gomez é un  pivote nado en Santiago pero afincado en Carballo e que leva cinco tempadas no primeiro equipo nas que foi crecendo a súa importancia. Xogador físico e moi loitador, vai mellorando todas as súas prestacións en cada adestramento e logra transferilas en cada partido. A tempada pasada converteuse nun fixo do quinteto titular e foi gañando tamén peso no vestiario.  O pivote ten o comportamento dun líder silencioso que gaña o respecto a base de esforzó e compañerismo. Ademáis tamén é valorado polo compromiso que adquire con todas as actividades que promovemos desde o clube.

luis

Pola súa parte, Pablo Moreira comenzará a súa segunda tempada de senior no clube, categoría que xa estivo disputando cando era junior. Pablo é un dos maiores talentos da canteira carballesa que conta cun desequilibrante 1×1 e certeiro tiro exterior. Estas cualidades valéronlle para ser un habitual das convocatorias das seleccions autonómicas en categorías de base. Nesta próxima tempada agárdase que amose a súa calidade e potencial incluso para competir en categorías superiores; xogador  que brinda espectáculo nas súas accións e que necesita pequenas doses de confianza para sacar o mellor de si mesmo, ten todo o apoio e confianza do clube para axudarlle a dar ese paso. Salientar ao mesmo tempo, que o compromiso de Pablo co clube exténdese, xa que vai  comezar como adestrador de base para iniciar a súa carreira nos banquiños.

more

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*