CADRO DE HORARIOS 7-8 DE Outubro

A cadro de partidos para esta xornada ven marcado polo debut en partido oficial do equipo senior masculino. Os xogadores dirixidos por Javier Villaverde desprazaranse a Ferrol para enfrontarse o domingo pola tarde o BBCA Castelo San Felipe. O partido correspóndese coa primeira xornada da fase previa da 1ª división autonómica para o grupo norte. O sistema de competición para a primeira fase toma a forma de liguilla de seis equipos con ronda de ida e volta. Ademáis dos carballeses e dos ferroláns os outro catro equipos do grupo norte son o Estudiantes de Lugo Leyma Natura, Instituto Rosalía de Castro de Santiago, Opticalia de Eume e o Pavimentos Noia.  O plantel do Calvo Basket Xiria adestrou con normalidade durante a semana e esperáse un partido moi disputado vistas as boas sensacións que transmitiron os dous equipos nos seus respectivos partidos de presentación. 

O equipo junior Ortodix Basket Xiria inicia a segunda volta da Copa Galicia visitando a pista do Culleredo. Os nosos xogadores loitarán por conseguir a primeira victoria na competición. O partido está programado para o sábado día 7 a partir das 12:00 horas no pavillón do Burgo. Os xogadores continúan mellorando colectivamente en ataque e defensa pero deberán manter a concentración durante todo o encontro para non facer concesións o equipo rival.

1

En canto os partidos na casa a mañá do 7 de setembro estará adicado o baloncesto dos cativos. Haberá  partidos amigables no  pavillón Carballo Calero (Zona Bergantiños)  entre os equipos benxamín e aleví­n das nosas escolas. Haberá un total de cinco partidos ó longo de toda a mañá. Os encontros comezan as 10:30 e neles participarán os equipos benxamín de Carballo Basket Xiria, C.B. Artai, Laracha B.X. e EM Ponteceso.

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*