Sara Lázara e Laura Domínguez, novas fichaxes do Vazquez y Reino EBX FEMENINO

Sara Lázara e Laura Domínguez, novas incorporacións no plantel do Vázquez y Reino EBX Senior Feminino.

As xogadoras procedentes do ADM Peleteiro de Santiago de Compostela, volverán coincidir na súa nova etapa có adestrador Javi Varela con quen xa compartiron equipo no clube santiagues fai tres anos, ano no que acadaron ó titulo de campionas da Copa Galicia Cadete Feminina e obtiveron o terceiro posto na Liga Galega.

Sara Lázara, con dezaoito anos e metro setenta e oito de estatura, ven a reforzar o xogo exterior e mailo interior do equipo carballés.

Laura Domínguez, con dezasete anos e metro oitenta de estatura, reforzará o xogo interior do equipo, que xogará por primeira vez na súa historia na 2ª división autonómica.

Dende o clube, desexámoslles moita sorte na súa nova etapa deportiva connosco.

Na seguinte foto vemos as novas incorporacións, acompañadas de Rubén Lorenzo – vicepresidente do Clube, Javier Varela – adestrador do equipo, e Angeles López – tesoureira do Clube

fichaxes-vazquez-y-reino

E na seguinte foto, vemos as compoñentes do equipo no adestramento deste Martes 20 de Setembro de 2016

equipo-vazquez-y-reino

 

1 Trackback / Pingback

  1. As 10 páxinas máis vistas no 2016 na web de Carballo Basket Xiria - Escola Basket Xiria Carballo

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*