Presentación do ex xogador ACB, José Ramón “Peli” Esmorís

Nas instalacións de Calvo, en Carballo, levouse a cabo a presentación do xogador larachés “Peli” Esmoris, por parte do Conxunto “Calvo Basket Xiria” de 1ª Autonómica.

A familia do baloncesto na comarca, está de noraboa, xa que a partires desta semana, o ex xogador ACB, José Ramón “Peli” Esmorís, incorporase á disciplina do CALVO BASKET XIRIA, baixo a dirección de Arturo Ferraces.

A directiva da ESCOLA BASKET XIRIA, pechou fai uns días unha das máis importantes fichaxes na historia do Club e do deporte carballés, xa que non é só a importancia de José Ramón coma xogador dunha longa traxectoria, se non tamén é sumar un xogador carballés (de nacemento) máis o equipo, aínda que hai que dicir que dende os nove años mudouse ó municipio veciño de A Laracha.

Dende o Club e o coma o propio José Ramón, dixo na súa presentación de hoxe, “ven a aportar o seu gran de area”, para que sirva de exemplo o todol@s xovenes deportistas que practican baloncesto en Carballo.

  • Datos do xogador: José Ramón Esmoris Esmorís “Peli”

    Nacemento.- Laracha (A Coruña) 23/05/1975 |   Posición.– Aleiro – Zurdo | Altura: 2.04m”Peli” é un ála-pivot versátil e rápido, con grandes movementos no poste baixo e cun tiro máis que aceptable tiro de media distancia. De costas ao aro saca partido do seu excelente xogo de pés e dos seus bos reversos, e á hora de anotar ten como mellor fundamento un semi gancho coa esquerda (é zurdo). Pode penetrar desde o poste alto por forza e velocidade, e tamén lanzar desde media longa distancia (bo tirador de triplos). Coordinado, corre moi ben o contraataque, que gusta de finalizar de forma espectacular. Agresivo e duro en defensa, convértese nun xogador difícil de superar, aínda que os seus movementos laterais non sexan especialmente rápidos. Xoga con moito ímpeto e iso ás veces faille ser propenso a cometer faltas.
  • Traxectoria:
    Iniciase no mundo do basquet en 1984 (9 anos) no Colexio Otero Pedraio de Laracha.
    B. Laracha. Categorías inferiores.
    C.B. OAR Ferrol. Categorías inferiores.
    1991-92 Xuvenil. C.B. OAR Ferrol.
    1992-93 Autonómica. Maderas Fernández S. Valentin.
    1992-93 ACB. Pescanova Ferrol.
    1993-94 ACB. C.B. OAR Ferrol.
    1994-95 EBA. Sant Josep Girona.
    1994-95 ACB. Valvi Girona.
    1995-96 ACB. Valvi Girona.
    1996-97 ACB. Valvi Girona.
    1997-98 ACB. Ourense Xacobeo 99. Cedido LEB. C.B. Tenerife Canarias.
    1998-99 LEB. Cabitel Gijón. Ascenso ACB.
    1999-00 ACB. Cabitel Gijón.
    2000-01 ACB. Gijón Baloncesto.
    2001-02 ACB. Gijón Baloncesto.
    2002-03 ACB. Caja San Fernando.
    2003-04 LEB Oro. CAI Zaragoza. Cedido.
    2004-05 ACB. Ricoh Manresa.
    2005-06 LEB Oro. Bruesa Gipuzkoa Basket.
    2006-07 LEB Oro. Ford Burgos.
    2007-08 LEB Oro. Ford Burgos.
    2008-09 LEB Plata. COB Ourense.
    2009-10 LEB Plata. Leyma Basket Coruña.
    2010-11 LEB Plata. Leyma Basket Coruña.
    2011-12 EBA. Recinor Ferrol.
    2013-14 EBA.  Recinor Ferrol.
    2015-16 Inactivo por lesión.
    2016-17 Calvo Basket Xiria.

 

RELACIONADO:

 

ARTÍCULO EN LA VOZ DE GALICIA:

peli-voz-de-galicia

FOTOS:

presentacion-peli-esmoris_ebx_1 presentacion-peli-esmoris_ebx_2 presentacion-peli-esmoris_ebx_3

 

1 Trackback / Pingback

  1. As 10 páxinas máis vistas no 2016 na web de Carballo Basket Xiria - Escola Basket Xiria Carballo

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*