A Escola Basket Xiria entre os candidatos a “Carballés do ano”.

O Padroado Fogar de Bergantiños, acaba de desvelar os candidatos aos premios “Carballés, Bergantiñán e Galego do ano”, entre os que se atopa a nosa entidade, xa  proposta para “Carballés do ano”, nas edicións de 2011 e 2013.

 

Dende a directiva da Escola Basket Xiria, queremos agradecer o noso nomeamento neste prestixioso galardón e ao mesmo tempo trasladar este mérito á toda a familia de Basket Xiria (xogador@s, nais/pais, adestrado@s e colaboradores/patrocinadores). Tan só o nomeamento para “Carballés do ano 2015”, conxuntamente co Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), Chocolates Mariño, a investigadora Karina Pombo, a Escola Lubiáns de Hockei, e o filólogo Xosé Ramón Freixeiro Mato, merece a nosa gratitude e énchenos de ledicia, xa que ben a confirmar que o  traballo coa canteira, filosofía que se ven realizando dende a creación da Escola Basket Xiria, seguirá sendo o prioritario no noso traballo día a día.

Xa tan só queda esperar que entidades sociais e culturais da comarca, cos representantes do Padroado Fogar de Bergantiños e os Concellos se pronuncien. Do que estamos seguros sexa cal sexa a súa decisión, é que acertarán de pleno, dada a categoría e traxectoria dos nominados.

Agradecer una vez máis a proposta para a nosa candidatura, que ben a culminar o fin da celebración dos 30 anos do baloncesto en Carballo, aniversario que tivemos a sorte de celebrar durante todo o ano 2015.

ESCOLA BASKET XIRIA

logotipo_padroado fogar                         30 anos

http://www.padroado.com                          #30anosbasketxiria

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2016/02/13/primeros-candidatos-optar-carballes-bergantinan-galego-do-ano-padroado/0003_201602C13C6991.htm

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*