Esta fin de semana celebrase o Torneo IV Memorial José Antonio Vega

Durante estas dúas xornadas disputaranse corenta e seis partidos nos pavillóns polideportivos do IES Agra de Leborís e nos municipais da Laracha, Paiosaco e Caión, contándose coa presenza de corenta e sete equipos de trece clubs diferentes, en concreto as Escolas Municipais da Laracha, C.B. Laracha,  Escola Basket Xiria, C.B. Artai, Escolas Municipais de Santa Comba, A.C.B. Costa da Morte, A.D. Calasancias, C.B.A. Obradoiro de Santiago, C.B. Culleredo, C.B. Montrove, Basket Coruña, Basketmi Ferrol e Amfiv de Vigo.

 

Nesta edición do evento destacan dúas novidades. En primeiro lugar, salientar que por primeira vez terá unha duración de dous días e, por tanto, un notable incremento no número de xogadores e clubs participantes con respecto aos tres anos anteriores. Ademais haberá un encontro de exhibición de baloncesto adaptado en cadeira de rodas no que participarán os dous clubs galegos que contan con equipos nesta modalidade, como son o Amfiv de Vigo (club profesional que compite na División de Honra, máxima categoría a nivel nacional) e o Basketmi Ferrol (club afeccionado da Primeira División).

Horarios Torneo Baloncesto

cartelmemorial jose antonio vega

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*