Xornada de Basket Xiria

Adxuntamos o Calendario de Partidos da Fin de Semana da Escola Basket Xiria de Carballo.

A Xornada comeza o Venres no Pavillón Bergantiños a partires das 17:15 horas, no que se enfrentan os Benxamíns da Escola Basket Xiria fronte a EMB A Laracha.

O Sábado temos 3 partidos na casa e 5 fora da casa. En Carballo destaca o partido do Senior Masculino Calvo Basket Xiria fronte a Instituto Rosalía. Unha vez o equipo de Carballo está clasificado para a fase a 4 de ascenso a Liga EBA, intentará acadar o posto máis arriba posible na táboa a falta de dúas xornadas para o remate da liga Regular.

Xa o Domingo teremos o partido do Senior Femenino Vazquez y Reino Basket Xiria que se enfronta a Porta XI Ensino.

partidos-fin-semana

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*