CADRO DE HORARIOS DE PARTIDOS PARA O FIN DE SEMANA 13-14 XANEIRO

Despois do parón de Nadal volta a competición para os nosos equipos. En total disputaremos 15 encontros dos cales 7 farémolos como equipo local. 

CadroPartidos_13-14Enero

A xornada comeza o xoves pola tarde no pabellón Bergantiños cos partidos do alevín mixto e o benxamín mixto correspondentes a liga comarcal.

Na mañá do sábado podemos presenciar dous encontros no pavillón Bergantiños dos equipos cadete e infantil masculino. O partido do cadete masculino Asesoría Sueiro Basket Xiria comeza as 10:00 horas e  o do infantil masculino Carballo Basket as 12:00.

Na tarde do sábado podemos presenciar dous grandes partidos no pavillón Vila de Noia. As 16:00 horas poderemos presenciar o encontro do xuvenil feminino Dimolk Basket Xiria ante o CB Culleredo. A partir das 18:00 horas teremos o prato forte da xornada co encontro do equipo senior masculino Calvo Basket Xiria ante o Instituto Rosalía de Santiago. Os dous equipos xogan un baloncesto moi dinámico e todo apunta que será un partido moi vistoso.

Moita sorte para todos neste ano 2018!

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*