CADRO DE HORARIOS DE PARTIDOS PARA O FIN DE SEMANA 16-17 DECEMBRO

O cadro de partidos para este fin de semana abrangue por primeira vez nesta campaña a todas as categorías da EBX. 

A principal novidade está no comezo dos partidos para os máis cativos, a categoría de babybasket. A primeira xornada vaise disputar o sábado no pavillón Ría do Burgo. Será todo un bautismo de baloncesto e daremos boa conta dese acontecemento tanto na páxina web coma nas redes sociais. 

En canto os equipos senior, o Vázquez y Reino recibe o invicto Culleredo e o Calvo Basquet Xiria vai visitar o sempre complicado feudo de Noia.

O sábado pola mañá no pavillón Vila de Noia teremos sesión doble co equipo junior masculino Ortodix Basket Xiria e o cadete masculino EBX. As 12:00 horas no pavillón Bergantiños vivirase un derbi de junior femenino entre o CB Artai e o Dimolk Basket Xiria. O encontro marca o inicio da segunda volta da competición no que o CB Artai conta os encontros por victorias e o Dimolk Basket Xiria leva varios encontros rendindo a un gran nivel.

Os equipos alevíns e benxamín mixtos van disputar dous encontros, un correspondente a liga coruñesa e outro correspondente a liga de Bergantiños.

Moito ánimo a todos! Disfrutade do deporte!

cadro

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*