CURSO DE INICIACIÓN DE ADESTRADOR DE BALONCESTO DA DELEGACIÓN CORUÑESA

Existen moitas formas de disfrutar do baloncesto e unha deles e facela como adestrador. O primeiro acercamento que temos o deporte da canasta adoita ser como xogador e son só un número reducido os que deciden probarse como adestradores. Adestrar e xogar son actividades que requiren habilidades diferentes e producen sensacións diferentes segundo quen a practique. A realización do curso de iniciación permite a quen o realiza detectar si ten ou non a vocación de adestrador. Para aqueles outros que sigan disfrutando máis xogando que adestrando o curso serviralle para mellorar o entendemento e o respeto polo traballo do seu adestrador.

Desde a Escola Basket Xiria queremos animarvos a que tomedes parte no Curso de Adestrador de Iniciación de Baloncesto organizado pola Delegación Coruñesa da Fegaba. O curso está dirixido para todos aqueles interesados en adquirir a formación e obter o título para adestrar con garantías a equipos de baloncesto de base.

O curso consta dunha FASE PRESENCIAL que se celebrará os días 10-11-12 de Febreiro (sábado, domingo e luns) en horario de mañá e tarde. Inicialmente os tres días da fase presencial terán lugar nas instalación do colexio Compañía de María pero existe a posibilidade de que un dos días se poida celebrar en Carballo como consideración polo número de equipos da localidade pertencentes a delegación. A decisión da sede final do curso tomarase unha vez rematado o plazo de inscripción no curso.

Referente a FASE NON PRESENCIAL, vaise desenrolar durante as 3 semanas posteriores a fase presencial. Será obrigatorio que todos os alumnos/as dispoñan dun ordenador con acceso a Internet para poder conectarse e participar na Plataforma Online da Federación.
 
O prezo do curso é de 200 Euros e deberá ser aboado por transferencia bancaria o nº de conta: ES96 – 2100 1455 14 0200227406 facendo constar o nome e apelidos do interesado.
 
Para formalizar a inscripción será necesario o envío do “Formulario de Inscripción” Formulario inscripcion
e o xustificante de pago do curso a seguinte dirección de correo electrónico:   delegacioncoruna@fegaba.com
 
O prazo de inscripción péchase o día 5 de Febreiro (luns).
 

Para máis información sobre o curso podedes contactar con:

Patricia Rodríguez                                   
Responsable Deportivo Zonal en A Coruña 
 
A xente vinculada o clube que desexe participar pode solicitar información sobre a carreira de adestrador o coordinador da EBX Arturo Ferraces.
Arturo Ferraces                              
Director Deportivo EBX 
 

                    

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*