ROI FORMARÁ PARTE DO CORPO TÉCNICO DA SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA

Roi Vega segue dando pasos adiante na súa andaina como adestrador. Se fai dúas semanas conseguía o título de entrenador superior, nesta semana foi proposto por parte da Área Deportiva da FGB para formar parte do corpo técnico da Selección Galega na categorí­a Cadete Masculina. O coordinador da Escola Basket Xiria de Laracha comezará en breve o seu labor como compoñente do corpo técnico para preparar a selección galega cadete masculina que disputará o Campionato de España de selección autonómicas no mes de xaneiro do 2018.

IMG_2968

Noraboa Roi!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*