RUBÉN CRISTÓBAL “KARNISHOVAS” NOVA FICHAXE DO CALVO BASKET XIRIA

O Calvo Basket Xiria anuncia a fichaxe do xogador de Sofán Rubén Cristóbal para completar a línea exterior do xogo. Despois de completar as renovacións de xogadores que xa estiveron o ano pasado, agora o clube cerrou a fichaxe de Rubén Cristobal Brandón, máis conocido no mundo do basket como “Karnishovas” e  que volta ó clube na que será a súa terceira etapa.

Rubén, formouse nas categorías inferiores  do clube, despois por motivos de estudos deixou o clube a donde volveu pasado uns anos;  agora,  pasadas catro temporadas dende a súa  segunda marcha, voltará a vestir a camiseta verde, onde compartirá equipo co seu irmán  Fran e moitos excompañeiros doutras tempadas.

1

Xogador moi disciplinado, serio e con boa lectura de xogo, o seu tiro exterior e a súa experiencia veñen a completar unha línea exterior de moito nivel xunto a Manu Rey e Pablo Moreira. Rubén ten unha mecánica de lanzamento de tiro excepcional e de ahí lle ven o alcume de Karnishovas que xa fai máis de vinte anos lle puxeron os seus compañeiros de equipo. Xogador da mítica xeración dos anos 79 e 80 en Xiria volta pola súa paixón polo baloncesto e por ter a posibilidade de compartir vestiario  co seu irmán e outros amigos. Rubén amosa moitas gañas de  participar no proxecto de Xiria, que tan boas sensacións deixou o curso pasado e que está ilusionando a todos.

scale

Tras esta fichaxe, tan só queda resolver a situación de Jorge Guillamet, xogador de moita importancia na plantilla e que está pendente de saber a súa situación académica para voltar a comandar a nave verde.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*