RENOVACIÓNS EN ESCOLA BASKET XIRIA DE TATO E SARA LAZARA

O club ESCOLA BASKET XIRIA anuncia as primeiras renovacións de xogadores dos seus equipos seniors, que voltarán defender os colores  dos primeiros equipos do club.

No apartado masculino, Jose Manuel Castro TATO comprometeuse un ano maís  a ser un dos estandartes do equipo, ao mesmo tempo que seguirá tamén no seu labor como adestrador de base.

tato

Ala pivot de gran mobilidade e tiro exterior, foi un dos xogadores mais destacados na fase final da tempada pasada e realizou unha grande semifinal na final Four de ascenso. Xogador que pasou por todas as categorías do club dende infantiles, forma parte do núcleo duro do equipo, debido a súa experiencia  incluso en liga EBA e esta será a súa 7ª tempada no equipo senior de Xiria.

Polo que respeta ao equipo feminino, celebrase a continuidade de Sara LAZARA; A  xogadora compostelana repetirá experiencia no segundo ano do club en categoría senior , donde deixou moi boas sensacións a tempada pasada, tanto no aspecto deportivo como no aspecto persoal.

sara lazara

Xogadora senior de 2º ano, Sara desenvolvese na posición de aleiro donde destaca polo seu tiro exterior e boa lectura de xogo. Formada en equipos santiagueses, destacou no equipo junior de liga galega de Peleteiro, desde donde saltou a o Vazquez y Reino Basket Xiria para debutar en categoría senior.

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*