O CALVO BASKET XIRIA VISITA O ROSALÍA DE CASTRO NA CUARTA XORNADA DA COMPETICIÓN

PREVIA

O equipo senior masculino Calvo Basket Xiria desprázase o sábado a Santiago para medirse o Instituto Rosalía de Castro. O partido comezará as 16:00 horas e enfrontará a dous dos equipos máis vistosos da liga. O Rosalía de Castro conta cun plantel xoven que pon moita intensidade no xogo e sempre son moi competitivos. A xornada anterior perdeu na pista do Ferrol e tratarán de resarcirse cunha victoria de mérito na casa.

Os carballeses, tras a victoria na xornada 3 ante o Pavimentos Noia, loitarán por escalar posicións na clasificación. Para este partido o adestrador Iván Villaverde non poderá contar coa participación dos xogadores do equipo junior ó ter que disputar o encontró de liga galega en Vilagarcía. Na convocatoria figuran os xogadores vinculados do Artai Andrés Puente e Fernando Mariño que xa dispuxeron de minutos en anteriores encontros. Tamén se agarda a reaparición do pivot Luis que fora baixa na xornada anterior por unha sobrecarga no abductor. Así a convocatoria para o encontro de mañá será a seguinte: Fernando Mariño, Roi e Jorge Guillamet na posición de 1, Moreira e Fran Cristóbal na posición de 2, Manu Rey e Rubén Cristóbal na posición de 3, Javi Argüelles e Andrés Puente na posición de 4 e Luis e Peli Esmorís coma 5s.

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*