MARÍA LIMERES E JAVIER GARCÍA-ARGÜELLES SEGUEN VINCULADOS CO EB XIRIA

María Limeres, xogadora carballesa de 24 anos, manterase comprometida co Vázquez y Reyno Basket Xiria e vai simultanear a súa formación académica en Santiago coa su paixón polo deporte en Carballo. María, capitana do equipo senior, afrontará a súa segunda temporada coa mesma ilusión coa que promoviu e axudou a por en marcha un equipo senior feminino de baloncesto na localidade. Xogadora de moito corazón e calidade técnica, é a referencia das xogadoras de categorías inferiores polos seus firmes valores persoais e que transmitiu nas diferentes tarefas desenroladas no clube.

 

lime

Polo tocante o equipo masculino do Calvo Basket Xiria, tamén se rexistrou unha boa nova coa continuidade de Javier García-Argüelles. Javi, que cumple a súa cuarta tempada como xogador senior e todos eles no Xiria, foise afianzando como un xogador induscutible no plantel carballés. Xogador de gran capacidade física e atlética, o paso das temporadas foron aportándolle máis lectura de xogo e versatilidade táctica sen perder as súas principales armas que son a competitividade e o dinamismo. Capaz de defender a xogadores máis grandes e máis pequenos, en ataque pode facer estragos nas defensas con penetracións, xogo sin balón e tamén co tiro exterior, faceta que vai mellorando cada día.

javi

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*