JOSE RAMÓN “PELI” ESMORÍS CONTINUARÁ EN CALVO BASKET XIRIA

Jose Ramón “Peli” ESMORÍS vai continuar unha tempada máis defendendo as cores do equipo carballés. Peli incorporouse a tempada pasada coa competición iniciada polo mes de novembro. Coa súa calidade e experiencia mudou o acontecer da tempada do Calvo Basket Xiria, conseguindo que o grupo elevase a seguridade e confianza. O equipo acadou a clasificación para xogar o ascenso a liga EBA despois de gañar 14 de 20 partidos.

peli

Peli, xogador con experiencia na liga ACB, dou sobradas mostras da súa calidade e nivel competitivo para converterse no líder do equipo e referente para os afecionados. A súa continuidade para a temporada 2017-2018 e unha inmellorable noticia para todo o clube xa que Peli conta co respecto e admiración de compañeiros, adestradores, directiva e afecionados.

Xogador de 2.05 metros de altura domina o xogo interior pola súa envergadura e xogo de pés e o mesmo tempo pode lanzar con moita precisión desde máis alá da línea de tres puntos. A súa polivalencia conleva que sea un xogador moi difícil de defender para o equipo rival requerindo de constantes axudas defensivas. Estes desequilibrios na defensa do equipo rival facilitan situacións ventaxosas para o resto de xogadores, feito que se ve favorecido pola boa lectura de xogo e facilidade para pasar o balón que ten o xogador larachés.

Con esta renovación o Calvo Basket Xiria da mostras da súa ambición por voltar ser esta tempada un equipo gañador capaz de manter a ilusión xerada a tempada pasada e seguir xuntando numerosos afecionados no pabellón en cada partido.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*