Iván Villaverde, novo adestrador do Calvo Basket Xiria

IVAN VILLAVERDE, NOVO ADESTRADOR DO CALVO BASKET XIRIA DE CARBALLO

Iván Villaverde Cores( Carballo,8-3-1992) será a próxima tempada o primeiro adestrador do equipo Senior Calvo Basket Xiria que disputará a Primeira División na tempada 2017-2018

Ivan Villaverde pasou tres anos practicando o traballo de asistente técnico do primeiro equipo masculino, dous con Basilio Pampín e o último con Arturo Ferraces, polo que o club cre que, ademais da súa formación – é adestrador superior pola Federación Española de Baloncesto e asistente da selección galega alevín- Iván acumulou bastante experiencia e coñecemento da forza de traballo, para poder dar o paso e tomar as rendas do primeiro equipo. A dirección da Escola Basket Xiria consideraba moi necesaria unha reestruturación dos adestradores dende a base ata o primeiro equipo, e esta decisión demostra a confianza nos adestradores do club e espera servir como motivación a outros compañeiros que forman o cadro técnico da entidade.

Ivan Villaverde tamén desempeñou o traballo do adestrador do equipo Cadete Liga Galega con CB Artai, e que seguirá combinando co novo cargo. 

 

TRAXECTORIA DEPORTIVA COMO ADESTRADOR

2006 – Iván Villaverde comeza a adestrar con 14 anos nos equipos benxamíns de CB Artai.

2008 – Realiza o seu primeiro curso de adestrador – iniciación

2011 – Logra adestrador de Nivel 1

2013 – Logra adestrador de Nivel 2

2014 – Logra adestrador SUPERIOR en Zaragoza.

 

Equipos más destacables que ha adestrou: 

-2º adestrador selección galega alevín masculina 2015-16, 2016-17

-4 anos en infantil, un infantil masculino de local, un infantil femenino de local e dous infantís masculinos de liga galega

-4 anos en cadete, 2 masculino local, un femenino local e un masculino de liga galega

-3 años como 2º adestrador do Primeira Nacional, dous con Basilio Pampín e un con Arturo Ferraces

 

O club da a benvida ó cargo a Iván Villaverde, desexando que disfrute da experiencia e que isto só supoña un primeiro paso na carreira do xoven adestrador Carballés.

 

MOITA SORTE!!!

IVAN-VILLAVERDE-2 IVAN-VILLAVERDE-3 ivan-villaverde-con-arturo-ferraces

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*