O Calvo Basket Xiria xogaráse o ascenso a Liga EBA o 7 de Maio de 2017

O equipo de Arturo Ferraces, o Calvo Basket Xiria, xogarase o ascenso a liga EBA o próximo 7 de Maio de 2017 na Coruña.

O CB Culleredo xa ten unha plaza asegurada na liga EBA, e o próximo Domingo 7 de Maio, decidirase a segunda plaza entre os seguintes equipos:

  • Leyma Basket Coruña
  • Cenor Obradoiro CAB
  • Calvo Basket Xiria
  • PBB Construcciones Castro Porriño

Pola mañá xogaranse as dúas semifinais (1º contra 4º e 2º contra 3º)

Pola tarde xogarase a final, entre os gañadores de estas dúas semifinais.

O gañador final, ascenderá a LIGA EBA!

 


Pero antes, o equipo terá un último partido de liga este Sábado ás 20 horas no Vila de Noia fronte a Porriño, un partido moi bo para poder ver o nivel que pode acadar o equipo na xornada fundamental o próximo 7 de Maio.

Na tempada 2005-2006 o Basket Xiria ascendía a EBA a Larrahona, momento que recordamos nestas imaxes.

Moita Sorte para esta oportunidade de facer de novo historia!!!

 

1 Trackback / Pingback

  1. O Domingo 7 de Maio o Calvo Basket Xiria pode ascender a liga EBA - Escola Basket Xiria Carballo

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*