Vázquez y Reino EBX 45 – C.B. Culleredo 58

Vázquez y Reino EBX 45   –   C.B. Culleredo 58

13-05, 13-21, 10-12 y 9-20

 

Vázquez y Reino EBX

Iria Sánchez(8), Silvia Millán(13), Estela Puente(1), Irene Velo(5) y Andrea Pombo(6). También jugaron Laura Domínguez(4), Ana Grille(6), Cristina Sacedón, Alba Fidalgo(2) y Lucía Viaño.

C.B. Culleredo

  1. López(3), M. Domínguez(12), B. Rodríguez(8), B. Navarro(11) y L. Fernández(3). También jugaron M. Ramis(12), K. Núñez, M. Sánchez(3), C. Cuesta, L. García, L. De Casas(2) y L. González(4).

 

Derradeiro partido de liga o que enfrontaba ao Vázquez y Reino EBX co CB Culleredo na disputa polo primeiro posto na clasificación. As carballesas chegaban ao partido nunhas condicións lonxe de ser idóneas, marcadas polas molestias no nocello de Silvia Millán e Andrea Pombo e a escordadura de xeonllo de Ana Grille, aínda en proceso de recuperación. Sumábanse as baixas de Sara Lázara por motivos persoais e María Limeres por rotura de fibras no bíceps femoral da perna dereita.

Non obstante, o primeiro cuarto arrancaba cun xogo ofensivo local que poñía solucións tácticas ás variantes defensivas das rapazas de Culleredo, cunha rápida circulación de balón e logrando anotar cerca do aro con facilidade. Esta superioridade inicial permitía ás de Javi Varela rematar o período cun 13-05 a favor.

Ante esta situación, nos seguintes dez minutos as visitantes propuxeron cambios na zona que as carballesas non souberon atacar con precisión, polo que tanto a falta de acerto por parte das xogadoras do Vázquez y Reino EBX como a rapidez ofensiva das de Culleredo deron a volta ao marcador, deixando todo por decidir para a segunda metade do partido cun 26-26 ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, a igualdade seguía a ser protagonista do partido. As de Carballo poñían solución ás perdas de balón da primeira parte propiciadas pola presión tras tiro libre anotado das de Culleredo e plantaban cara a un equipo visitante que non perdía a intensidade en ningún momento do partido. O marcador reflectía un 36-38 (10-12l) ao remate do período.

Xa no último cuarto, ás de Javi Varela acusaron as condicións nas que o equipo afrontaba o encontro, non sendo capaces de aguantar o ritmo de partido das visitantes e vendo mermadas as posibilidades de encabezar a liga a falta de cinco minutos para o remate do xogo. O resultado final foi un 45-58 en contra.

De todos modos, cómpre felicitar a todas as xogadoras polo esforzo e o traballo amosado a pasada fin de semana ante o mellor equipo da liga, así como pola unión e a entrega que transmitiron todas e cada unha das rapazas convocadas. Isto, xunto á cantidade de xente que enchía a grada sen deixar de animar ao conxunto carballés durante todo o partido fai que encaremos a fase de ascenso con moitas gañas e ilusión para seguir medrando como equipo.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*