O Sábado ás 20 horas en Carballo, partido vital para o Senior Feminino

Tras a victoria de onte, as xogadoras do Vázquez y Reino EBX terán a primeira oportunidade de acadar, xa de maneira definitiva, unha praza para disputar a fase de ascenso, o vindeiro sábado día 4 de febreiro ás 20:00h, no pavillón Vila de Noia de Carballo diante do ADB Fontiñas de Santiago de Compostela.

A Crónica do Partido de onte é a seguinte:

Santa María del Mar 39   –   Vázquez y Reino EBX 44

09-07, 08-10, 06-10 y 16-17

Nova vitoria do Vázquez y Reino EBX na tempada, no primeiro dos dous encontros aprazados que xogarán esta semana. Onte, as xogadoras de Javi Varela desprazábanse ata A Coruña para xogar diante do Santa María del Mar, un equipo con moitas rapazas con moita experiencia no básket.

O partido presentaba a baixa de Ana Grille por unhas molestias no seu xeonllo, polo que a xogadora junior de primeiro ano, Irene, asumiu perfectamente a dirección do equipo no encontro disputado na pista do Santa María del Mar.
A igualdade foi máxima durante todo o encontro. Ninguén dos dous equipos foi quén de coller máis de 3 puntos de vantaxe durante os vinte primeiros minutos de xogo. Así, con parciais 09-07 e 08-10 chegouse ó descanso, 17-17.

Tras un tercer parcial 06-10, comezamos o derradeiro periodo cunha vantaxe de catro puntos, 23-27. O obxetivo era manter un forte ritmo de xogo e unha defensa moi agresiva, para impoñer a  condición física no resultado. Así conseguíuse unha vantaxe de nove puntos a falta de dous minutos para rematar o partido, 31-40. Unha última tentativa das xogadoras locais, con dous tiros de tres puntos anotados case de maneira consecutiva, levou o marcador o definitivo 39-44.

Polo Vázquez y Reino EBX xogaron e anotaron:

Laura(18), Iria, Silvia(15), Sara, Limeres(4), Cris, Estela, Irene(5), Alba, Andrea Pombo(2) y Lucía.

Queremos que este Sábado ás 20:00 horas, sexa unha festa do Basket Feminino en Carballo.

Por iso, todos ó pavillón a animar ás nosas rapazas!!!

LINK Á INVITACIÓN PARA O PARTIDO DO SÁBADO –> http://bit.ly/BasketXiriaFem

senior-femenino-vazquez-reino (1) senior-femenino-vazquez-reino (2) senior-femenino-vazquez-reino (3)

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*