MÁIS FICHAXES NOS EQUIPOS SENIOR MASCULINO E FEMININO

Fran Cristóbal, o base de Sofán formado nas categorías  inferiores do Xiria, vai continuar un ano máis como xogador do  Calvo Basket Xiria. Fran volverá amosar a súa calidade técnica no tiro e no pase de balón nun equipo que coñece moi ben e no que vai cumplir a súa quinta tempada. A pesar da súa ocupación laboral na Coruña, a paixón de Fran polo baloncesto e polo Xiria, fai que non haxa impedimentos para que poidamos contar outra vez coa súa aportación, tanto na faceta de base como de escolta, sempre dispoñible para axudar ao equipo no que faga falla.

fran

Pola súa banda o equipo senior feminino do Vázquez y Reino Basket Xiria tamén poderá seguir contando coa carballesa Andrea Pombo. A xogadora desenrolou  toda a súa vida deportiva no equipo de Carballo.  Trátase dunha ala-pivot de 18 anos que cumpre a súa segunda tempada como xogadora senior e que ten una grande proxección pois non deixou de progresar nos anos de categorías inferiores nin no seu primeiro ano como senior. A súa polivalencia, o seu compromiso e a súa calidade técnica fannos pensar nunha segunda tempada aínda máis positiva no aspecto persoal e que axudará ao colectivo a medrar no seu rendemento.

andrea

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*