O EQUIPO FEMININO VÁZQUEZ Y REINO COMEZA OS ADESTRAMENTOS DO CURSO BALONCESTÍSTICO 2017-2018

O equipo senior feminino Vázquez y Reino Carballo Basket Xiria comeza hoxe a preparación da tempada 2017-2018 cun plan físico de 3 semana para chegar en boas condicións para o traballo táctico na pista que comezará o luns 4 de Setembro. O plantel xa conta con 10 xogadoras e desde o clube continuase a traballar para pechar o grupo que competirá por 2º ano consecutivo na 2ª división autonómica. O equipo carballés conta co plantel  máis xoven da liga e o obxectivo principal marcado para esta tempada busca continuar o proceso de aprendizaxe das xogadoras e o asentamento na categoría sen desbotar a loita polo ascenso.

image1

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*