DÚAS NOVAS RENOVACIÓNS NO VÁZQUEZ Y REINO BASKET XIRIA

Cando faltan aínda dous meses para que de comezo a competición da segunda división autonómica no equipo senior feminino do Basket Xiria confirmáronse dúas novas renovacións. As xogadoras renovadas nesta quenda foron as carballesas Estela Puente e Alba Fidalgo. Ambas xogadoras deron mostras sobradas das gañas coas que se involucraron no proxecto e foron merecedoras de facerse cun oco importante no equipo. Con estas dúas renovacións dase continuidade o bloque de xogadoras da pasada tempada.

Estela é unha xogadora interior que nos últimos anos tivo unha grande evolución no xogo e melloría técnica. Ademáis aporta intensidade e ten moita intuición para a captura de rebotes, facendo que a súa presenza no campo facilite salidas rápidas do equipo ó contraataque.

estela

Pola súa parte Alba ten máis capacidade encestadora destacando polo tiro de media distancia e a capacidade de facer entradas buscando posicións máis cercanas ó aro. Ademáis é unha boa defensora podendo defender xogadoras máis altas ca ela en posicións interiores.

alba

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*