CHEGADA DA XOGADORA ABSA KASSE PARA INCORPORACIÓN O VÁZQUEZ Y REINO BASKET XIRIA

Este domingo chegará ó aeroporto de Santiago a xogadora senegalesa Absa Kasse. A xogadora nada en Dakar mide 1,90 m e ten boa mobilidade e técnica individual que lle permiten destacar en moitos apartados do xogo. Absa xa visitou Carballo a finais do mes de Agosto para coñecer o proxecto deportivo feminino da Escola Basket Xiria. Por aquelas datas pasou un recoñecemento médico e realizou un adestramento e sesión de fotos coas integrantes do equipo junior e senior feminino. Tras esa toma de contacto voltou a Senegal para solicitar o visado e unha vez que lle foi concedido  a directiva da Escola Basket Xiria continuou cos trámites da súa fichaxe.

1

A xogadora ven a reforzar o equipo senior que adestra Javi Varela e  que leva unha boa xeira de resultados no inicio da liga en 2ª división autonómica. Coa nova incorporación faise unha aposta forte por alcanzar o ascenso na competición e consolidar a aposta polo baloncesto feminino en Carballo.

2

 

A xogadora fala castelán xa que residiu varios anos na Coruña xogando no Club AD Calasancias. Agárdase que a súa adaptación tanto a Carballo como o equipo sexa rápida e que a súa estrea oficial na competición aconteza en datas próximas. Ademáis de xogar Absa vai colaborar nos adestramentos dos equipos femininos das Escolas Basket Xiria.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*