A DIRECCIÓN DEPORTIVA DO CLUBE ANUNCIA MÁIS RENOVACIÓNS

No día de onte confirmáronse dúas importantes renovacións nos equipos seniors do clube Escola Basket Xiria.

No equipo masculino que competirá na Primeira división, anunciouse a continuidade de Manu Rey, escolta carballés de 28 anos, que vai disputar a súa segunda tempada consecutiva na súa volta a casa. Na súa primeira etapa no clube Manu formouse nas categorías inferiores e chegou a xogar no equipo senior que militaba na Liga EBA. Trátase dun xogador moi rápido, bo pasador e un fantástico tirador, feito do que deixou impronta na tempada pasada cando foi quen de anotar seis triplas en dez minutos de xogo. Estamos convencidos, que despois dun parón de catro temporadas, este ano vai todavía ofrecer un maior rendemento despois da rodaxe que supoxo para el a tempada pasada.

manu

No equipo feminino do Vázquez y Reino Basket Xiria, Silvia Millán tamén renovou o seu compromiso co clube. A xogadora santiaguesa foi o ano pasado a máxima encestadora e reboteadora do equipo, desempeñando un papel fundamental na exitosa campaña do equipo. Coas renovación de Silvia e Sara, péchanse as fichaxes de xogadoras non nadas en Carballo que formarán parte do equipo senior feminino do Xiria. Silvia é unha xogadora alta e coordinada que conta con moita habilidade para o rebote de ataque. Sobre estas capacidades engade loita e un forte compromiso que a converten na auténtica líder do equipo e referente para as demáis xogadoras. A pesares da súa xuventude conta xa con experiencia en categorías superiores e participacións en ligas galegas e campionatos de España que farán que o 2º ano do proxecto feminino teña nela un pilar fundamental.

silvia

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*