INSCRIPCIÓN DO ORTODIX BASKET XIRIA NA 1º CATEGORÍA AUTONÓMICA DE JUNIOR MASCULINO

A Federación Galega de Baloncesto ven de anunciar as incripcións dos equipos de baloncesto para a tempada 2017-2018 na primeira categoría autonómica.

O equipo júnior masculino Ortodix Basket Xiria continuará unha tempada máis  competindo coas mellores canteiras do baloncesto autonómico. Xunto co equipo de Carballo figuran o Instituto Rosalía de Santiago, Sigaltec de Vilagarcía, Tui Seta Termalia, Compañía de María de Santiago, Obradoiro-Peleteiro de Santiago, Estudiantes de Lugo Leyma Natura, COB Ourense e o Seis do Nadal de Coia.

ortodix-basket-xiria

A mellor xeneración do baloncesto de Carballo foi perdendo nos últimos anos xogadores de gran talento pero seguro que o plantel da un paso adiante para acadar o elevado nivel competitivo que esixe a categoría.  O equipo seguerá contanto con Basilio Pampín como adestrador.

Desexamos que o equipo junior nos sega dando grandes momentos de baloncesto e que moitos destes xogadores vexan recompensando o seu traballo con minutos no equipo senior.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*