POKER DE VICTORIAS DOS EQUIPOS FEMENINOS

Os catro equipos femenino da Escola Basket Xiria que disputaron partidos a pasada fin de semana fixérono con victoria.

A primeira victoria  foi lograda polo equipo cadete Dental Noa García na pista das Esclavas. As xogadoras dirixidas por Iván Latasa tiveron un gran acerto nos lanzamentos e venceron 87 a 63. Na mesma mañá do sábado pero dúas horas máis tarde o equipo xuvenil Dimolk Basket Xiria acadaba a segunda victoria no pavillón Vila de Noia vencendo por 59 a 43 o Obradoiro .

Na mañá do domingo o equipo infantil conseguíu a 3ª victoria femenina da fin de semana gañando o seu partido no pavillón Vila de Noia por 47 a 33 o Basquet Coruña.  O póker de victorias femenina foi completado polo equipo senior Vázquez y Reino na Coruña o vencer por 87 a 28 o ADFRO.

Noraboa! Non hai quen vos pare!

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*