O CALVO BASKET XIRIA XA COÑECE O CALENDARIO DA 2ª FASE PARA LOITAR POLO ASCENSO A LIGA EBA

O Calvo Basket Xiria xa coñece o calendario dos partidos a disputar na 2ª fase da liga de loita polo ascenso a Liga EBA. A 2ª fase da liga xunta os catro mellores equipos da 1ª fase do Grupo Norte e do Grupo Sur. Os equipos que acadaron a clasificación no grupo Norte son o Baloncesto Cambre, BBCA Castelo San Felipe, Calvo Basket Xiria e Pavimentos Noia. Os equipos procedentes do Grupo Sur son o PBB Construcciones Castro de Porriño, C.B. Tui Seta, Intremar de Vigo e Sigaltec de Vilagarcía.

Os resultados en duelos directos entre os equipos da 1ª fase arrástranse para a segunda fase da competición de forma que cada equipo disputa na 2ª fase unha liguilla a ida e volta cos catro equipos que acadaron a clasificación no outro grupo.

O Calvo Basket Xiria medirase en liga a dobre partido co Sigaltec de Vilagarcía, o C.B. Tui Seta, o PBB Construcciones Castro de Porriño e o Intremar de Vigo. O balance do equipo carballés tras os duelos directos cos equipos clasificados do Grupo Norte é de 2 victorias e 4 derrotas que o sitúa provisionalmente en 5ª posición. No grupo norte houbo moita igualdade e todos os equipos sufriron dúas o máis derrotas na primeira fase. Non aconteceu o mesmo no grupo Sur onde o PBB construcciones Castro non coñece a derrota e o Sigaltec non acadou ningunha en duelo directo cos outros tres equipos clasificados.

clasificacion

O calendario para a segunda fase do Calvo Basket Xiria queda recollido na seguinte táboa:

1

Na primeira xornada que se disputa o 17 de Febreiro o Calvo Basket Xiria visitará a pista do Sigaltec de Vilagarcía.

 

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*