4 XOGADORES DAS ESCOLAS BASKET XIRIA ESTÁN CONVOCADOS PARA A XORNADA DE CONCENTRACIÓN EN XINZO DE LIMIA

A área deportiva da Federación Galega de Baloncesto citou a varios xogadores da Escola Basket Xiria para unha xuntanza en Xinzo de Limia. A xornada terá lugar o Sábado dia 30 de setembro no Pavillón municipal de Xinzo de Limia (Ourense). Na concentración danse cita todas as seleccións provinciais de categoría alevín masculino e feminino (nados no 2006) de Galicia para disputar encontros amigables e ver a evolución dos xogadores.

Na convocatoria da selección coruñesa figuran Jacobo Díaz Rey de Carballo Basket Xiria, Mateo Cambón Domí­nguez do Laracha Basket Xiria e Sergio Villar Suárez do C.B. Artai. No tocante ó equipo feminino está citada Amelia Collazo García do Carballo Basket Xiria.

O formato dos partidos será de catro períodos de 10 minutos a tempo corrido. Na xornada de mañá a selección coruñesa enfrontarase a selección de Pontevedra en categoría masculina e feminina. Pola tarde a selección coruñesa enfróntase a selección de Ferrol.

Nestes encontros reúnense os mellores xogadores de Galicia e ademáis de divertirse xogando moitos rapaces acostumados a destacar nos seus equipos danse conta de que hai xogadores da súa idade tan bós e mellores ca eles servindo de motivación para seguir mellorando. Dos xogadores presentes neste xornada en Xinzo sairán moitos xogadores que pasarán a formar parte da selección galega que en futuras datas disputarán o Campionato de España autonómico.

Compre destacar que na xeneración masculina coruñesa tres xogadores dos 10 que forman o equipo pertencen a equipos da comarca de Bergantiños. Dende o clube sentímonos moi ledos con estas convocatorias porque reflexan que se está facendo un gran traballo de formación nas categorías de base.

amelia-jacobo

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*