O V Día do Pequebasket en Carballo abre a inscrición de equipos

Xa son varios equipos os que confirmaron a súa asistencia, antes da propia apertura formal do prazo da inscrición, polo que a Escola Basket Xiria, conta superar os inscritos da cuarta edición.

Carballo, 12 de abril do 2017.  O Mércores día 12 de Abril, ábrese o prazo de inscrición para a quinta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-e-info-pequebasket_2017_FORM.pdf ) , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

Inscricion DIA PEQUEBASKET 2016

Nesta quinta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que estamos a traballar para a diversión dos participantes e de todo o público en xeral que desexa pasar un dia distinto con nós.

A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao DIA DO PEQUEBASKET.

O Cartel este ano é o seguinte, que tivo moitísimas críticas positivas durante o seu deseño. Sen dúbida o noso Pequebasket, é cada vez máis internacional, e os nenos e nenas que acuden a Carballo síntense cada vez máis internacionais pola gran acollida deste evento!

cartel-pequebasket-2017-jpg

Deixamos tamén algúns vídeos promocionais deste gran evento do que disfrutaremos o vindeiro 17 de Maio.

Vídeo promocional Pequebasket 1

Vídeo Promocional Pequebasket 2

Entrevista Fernando Romay, padriño do Pequebasket

Entrevistas a nenos Pequebasket Completas

Entrevistas a nenos Pequebasket 1 minuto

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*