Exitazo do V Pequebasket en Carballo a pesares da choiva

Éxito de participación nun día con moitas sorpresas no V Día do Pequebasket en Carballo

Carballo, 17 de Maio de 2017

O V Día do Pequebasket comezaba en Carballo ás 10:30 horas da mañá do Día das Letras Galegas.

Madrugaba a Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participando na promoción do leite galego de calidade diferenciada co selo Galega 100% con motivo do 5º Día do Pequebasket. Eran acompañadas polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o presidente da Escola Basket Xiria, Marcos Díaz Molk e outros membros da corporación carballesa como Aurelio Núñez.

Carballo. A Coruña A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participará na promoción do leite galego de calidade diferenciada co selo Galega 100% con motivo do 5º Día do Pequebasket. No pavillón Bergantiños 16/05/2017 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Máis fotos deste momento

A partires deste momento, os 650 participantes no V Día do Pequebasket, comezaron os seus partidos, no que o obxectivo e pasar un día de convivencia entre nenos e nenas de toda Galicia de 5 a 8 anos de idade.

Tanto ás 12:30 horas como ás 13:·30 horas, a TVG emitía en directo as seguintes conexións:

Vídeo1 TVG – 5 Dia do Pequebasket en Carballo 

Vídeo2 TVG – 5 Dia do Pequebasket en Carballo

Nestes intres, os nenos recibían unha grata sorpresa, a visita de dous xogadores do Clube de ACB Obradoiro CAB de Santiago de Compostela – ALBERTO CORBACHO E PEPE POZAS, que compartían encantados fotos cos máis pequenos e con entrenadores dos 52 equipos participantes no evento.

corbacho-pozas-pequebasket

Ainda que a choiva non permitía desfrutar dos distintos xogos que tiña preparados a Escola Basket Xiria, o tempo ía pasando moi axiña para os baloncestistas de 5 a 8 anos, que compartían o xantar con productos saúdables, entre os que se encontraba o brick de leite 100% galego, así como bocadillos, auga, zumes e fruta.

Entre as 14:00 e as 15:00 horas, unha das pistas interiores do recinto, acollía un partido – adestramento entre xogadores Pequebasket, e alumnos da Asociación Un Paso Máis, que compartían en redes sociais estas bonitas palabras

un-paso-mais

Xa pola tarde, a choiva dou un respiro, e todos os participantes, así como unha gran cantidade de visitantes ó evento, puideron aproveitar os distintos xogos postos á disposición pola Escola Basket Xiria (hinchables, coches a pedais, pintacaras, globoflexia, xogos tradicionais, etc)

A actividade remataría ás 18:00 horas, cando se entregaban os premios (camisetas e medallas) ós participantes. Estaban neste acto de clausura

  • Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero
  • Concelleiro de Deportes de Carballo, Marcos Trigo
  • Alcalde de Laracha, Xosé Manuel López
  • Representante do PP en Carballo, Aurelio Núñez
  • Presidente da Escola Basket Xiria, Marcos Díaz Molk

 

En poucas palabras: GRACIAS a TOD@S!
Institucions patrocinadoras, colaboradores e patrocinadores, voluntarios e personal de organización, xogadores do Club, adestradores e sobre todo participantes!!!
Ata o ano que ven… Vemonos no 2018!!!

foto-familia-2017-pequebasket-gracias

LINKS:

MÁIS FOTOGRAFÍAS DO EVENTO V DÍA DO PEQUEBASKET EN CARBALLO

FOTOGRAFÍAS DA PRESENTACIÓN DO 5º DÍA DO PEQUEBASKET NO CASINO DE CARBALLO

 

REPERCUSIÓN E IMPACTO DO EVENTO

Tan só un día despois do evento, o Hashtag #Pequebasket en Twitter rexistrou 323.186 impresións nesta Rede Social, e 183.936 impresións co hashtag #5diaPequebasket, o cal nos transmite o enorme potencial deste gran evento en Carballo que realizamos con tanta ilusión! Aquí vemos o informe:

 

twitter-pequebasket

 

Outros medios que se fixeron eco deste evento:

A choiva non empañou un gran día do Pequebasket

 

http://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/carballo/2017/05/17/pequebasket-imagenes/01101495052250379466262.htm

Exitazo do V Pequebasket en Carballo a pesares da choiva

 

650 niños disfrutaron a tope en el Pequebasket de Carballo

 

http://mediorural.xunta.gal/nc/es/institucional/comunicacion/noticia/nx/nova_estandar21221.html/

 

http://baloncestofranciscanoslugo.blogspot.com.es/2017/05/dia-del-pequebasket-carballo-17-mayo.html

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*