650 participantes no V Dia do Pequebasket en Carballo

O V aniversario do Día do Pequebasket, seguirá sendo un éxito de participación.

Péchase anticipadamente o prazo de inscrición dado que os últimos días superaban o límite de 49 equipos que se poñía a organización. A pesares deste límite, decidiuse ampliar a 55 os equipos participantes no evento.

Carballo, 06 de Maio de 2017

A falta de 11 días para o 5º Día do Pequebasket, todo está en marcha para que o día das letras galegas volva a ser un referente do Baloncesto de Base en Carballo, xa que a este evento acércanse máis de 600 rapaces e rapazas de toda Galicia para desfrutar dun día de convivencia, deporte, saúde e amizade.

Este evento volve a superar as expectativas da Escola Basket Xiria, no que colaboran tamén o Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto, así como outros patrocinadores de forma privada.

Isto ben a confirmar que a idea de organizar o DIA DO PEQUERBASKET como EVENTO LÚDICO-DEPORTIVO e coma clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto do Club, esta a chegar aos clubs de Galicia e xa conta con moitos equipos que non se queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo. Ademáis, durante a presente tempada, creouse a liga de Babybasket nas mesmas idades por toda Galicia, e está dando moi bos resultados deportivos.

Os 55 equipos participantes pertencen os seguintes clubes:

  • CB Viveiro de Lugo
  • AD Bosco Salesianos de Ourense
  • Franciscanos de Lugo
  • EDM Ponteceso
  • CB As Pontes
  • CD Los Rosales de A Coruña
  • ADM Peleteiro de Santiago
  • CB Mercedarias de Ferrol
  • CB Costa Artabra
  • AD Franciscanos de A Coruña
  • CB Porto do Son
  • CB Artai de Carballo
  • CB Sarria
  • Cristo Rey de A Coruña
  • CD San José de Cluny de Santiago
  • CB Basquet Coruña
  • CB Universitario de Ferrol
  • Estudiantes de Lugo
  • Club Jesuitinas de A Coruña
  • CD Galogrin de Teo
  • ACB Costa da Morte de Cee
  • CD María Auxiliadora de Lugo
  • Celta Baloncesto de Vigo
  • Basket School de Ferrol
  • CB Culleredo
  • AAA Dominicos
  • EMB A Laracha
  • Escola Basket Xiria

Aproveitamos a presente, para recordarvos a data de presentación do 5º Dia do Pequebasket, que será o vindeiro MARTES día 9 de MAIO, as 19:15 h no Casino de Carballo (rúa Vázquez de Parga nº 1) e na que estades tod@s convidados. Invitamos especialmente ós nenos e nenas máis pequenos, para que desfruten dunha sorprendente actuación.

MÁIS INFORMACIÓN DESTE EVENTO EN:

http://www.diapequebasket.es/

ESCOLA BASKET XIRIA                       #5DiaPequebasket

cartel-pequebasket-2017-jpg

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*