A Escola Basket Xiria saca as canastras á rúa

Todos os nenos e nenas de 4 a 7 anos de idade están convidad@s a participar mañá xoves nunha sesión de pequebasket. O campo de xogo será a Praza do Concello de Carballo. A Escola Basket Xiria instalará varias canastras adaptadas ás idades dos participantes e os monitores do club estarán a disposición dos pequen@s dende as 17.30 ata as 19.00 horas para darlles a coñecer a actividade e inicialos na práctica do baloncesto.

titamenotes

Además da sesión de pequebasket, totalmente aberta e gratuíta, a Escola Basket Xiria continúa coa súa campaña de captación de abonados. Este domingo, aproveitando a celebración da feira, instalará un stand informativo na rúa Coruña dende as 11.00 ata as 14.00 horas. O club dará a coñecer a campaña #titamenotes, que inclúe numerosas actividades e material promocional. Este ano, os novos soci@s recibirán como regalo unha camiseta coa pelota de baloncesto en forma de corazón que identifica a campaña. Os abonad@s terán tamén vantaxes á hora de adquirir o material promocional. Así, polas camisetas pagarán 10 euros e polas sudadeiras, 25; mentres que as persoas alleas ao club deberán aboar 15 e 30, respectivamente. As cotas anuais son de 30 euros para socio individual e 50 para socio familiar.